xoves, 2 de abril de 2026

NO CRA DE OROSO FACEMOS UN XESTO POLO DÍA DA CONCICENCIACIÓN DO AUTISMO

Dende a man da Asociación AFECTO de Oroso e en colaboración coa Federación Autismo Galicia, no CRA de Oroso sumámonos á campaña “Fai un xesto polo autismo”, unha iniciativa chea de significado arredor do símbolo do infinito , que representa a diversidade, a riqueza e a singularidade de cada persoa.

O noso alumnado puxo en marcha a súa creatividade e sensibilidade a través dunha proposta moi especial:
Construíron o símbolo do infinito con materiais diversos.

Deron forma ao infinito cos seus propios corpos .

Expresaron coas súas mans un xesto cheo de respecto e inclusión.

Porque educar tamén é aprender a mirar, comprender e valorar as diferenzas.

Hoxe compartimos con vós este pequeno gran xesto en forma de vídeo, no que se reflicte o compromiso do noso centro cunha educación inclusiva, empática e consciente.

Porque cada xesto conta…
P

orque a diversidade é infinita…

Porque xuntos e xuntas construímos unha escola para todas e todos






Ningún comentario:

Publicar un comentario