Grazas, Reviravoltas
Desde o CRA de Oroso queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á ANPA Reviravoltas, que colaborou de maneira activa, xenerosa e ilusionante no Festival de Entroido celebrado o venres 13 de febreiro.
Grazas ao seu compromiso, á axuda constante ao profesorado e ao alumnado, e á implicación real na organización da festa, vivimos un Entroido cheo de alegría, convivencia e comunidade. Un momento moi especial foi o peche do festival, cando todas as familias fomos convidadas a un delicioso chocolate quente, acompañado das filloas, orellas, flores, biscoitos… achegados de maneira totalmente desinteresada polas familias. Tradición, agarimo e traballo en equipo
Esta ANPA é nova, renovada e con novos membros, e queremos que saibades que podedes sentirvos fondamente orgullosas e orgullosos. Co voso impulso demostrades que, grazas ás familias, o CRA segue sendo un centro vivo, que medra, innova e mira ao futuro con forza
Aproveitamos tamén para invitar ás futuras familias que estean a pensar en formar parte do noso centro a que veñan coñecernos. É unha oportunidade única para descubrir como é hoxe a escola rural: próxima, actual, innovadora e chea de oportunidades.
Grazas por estar, por sumar e por facer comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario